O neno estaba suxeitando coas dúas mans un deses muiños de papel que ó soplarlles dan voltas. Esos muiños transpórtanme á infancia, unha infancia tan lonxana que nin me lembro de cómo lles chamaba. Pero este neno non precisaba soplarlle porque o tiña orientado cara o vento e o muiño daba voltas de seu. O neno estaba concentrado, poida que algo ruborizado. Acababa de descubrir que voar non era tan difícil, cun muiño meirande e unhas carreiras seguramente o conseguira.
Máis abaixo un mozo moi alto e fraco cunha chaqueta de punto a raias vermellas e negras e unha capucha en pico ata os cadrís adianta a unha muller que non lle chega á cintura.
Ás veces a vida é unha fábula.
Etiquetas: éche certo, diario, fábulas, historias da infancia, muiño de vento, voar