Noventa
Para min foi a primeira persoa en cumprir 80 anos. Daquelas supuxo todo un acontecemento, un velón enorme no medio dunha tarta de piña e unha caixa de Ferrero Rocher deron conta delo.
Uns anos despois, unha neta tentou gabalo dicíndolle que o xersei que levaba o facía máis novo que, polo menos, lle quitaba 10 anos. Era o xersei de diario dos domingos, de lá verde con rombos, dous, grandes e azuis centrados no peito. El dixo que xa non lle gustaba aquel xersei, porque non quería que nada lle quitase anos, iso sería ir para atrás.
Agora conta noventa e sete e segue contando os triunfos e os tantos da brisca, o que non conta son moitos contos, pero iso tampouco é ningunha novidade.
A xente máis nova xa asina por chegar á súa idade. Si souberan o que lle custa ó vello igual non andaban tan apurados. Estar ben, andar ó frío, coller centos de quilos de castañas e picar leña para constuir unha muralla custa o seu. E só o vello sabe canto.
Cada un sabe as súas.
Como nos dixeron na factoría do guión: os bos guións son os que fan que a xente ría, chore ou se identifiquen ca súa realidade
Encántame…