Saltar ao contido

Persianas

04/03/2009

“El mundo se hizo en siete días y se nota”, Luis Piedrahita, un hito para mí y una hita para las piedras.

As perianas son unha desas cousas que temos no mundo que están mal feitas. Agora que me paro a pensalo igual son eu a que estou mal feita e por eso escarallo todas as persianas que atopo ó meu paso.

O caso, é que non dou feito. O outro día, a persiana do salón. Hoxe ando a pelexarme coa da oficina. E así sucesivamente. Non podo vivir!!!

A persiana do salón xa a derramei polo menos dúas veces. A primeira vez quedou arriba de todo. Quixen tirar dela e baixou de vez. Logo de intentalo un par de veces e cando parecía que voltaba á normalidade quedou no medio, nin sobe nin baixa, nin deixa entrar o sol, nin impide que os veciños nos vexan pola fiestra. Non lle preguntei, pero seguro que é galega. 
De tólolos xeitos estou contenta, porque antes sempre estaba baixada por non ter quen a subise. Agora cando me levanto polas mañáns hai luz polo pasillo e chego ó baño (que, como non, está ó fondo) sen ter que ir apalpando nas paredes. É todo por culpa dese atontamento matinal co que te ergues, como se estiveses bébedo pero con cara de parvo (bueno eso tamén pasa cando te emborrachas). Pois igual de todo.

O colmo das persianas son esas tipo , como diría eu, tipo persiana. Si oh. Esas que van pola parte de dentro da ventana como se fosen cortinas pero que son ríxidas como persianas. Formadas por estreitas bandas como metalizadas deixando unha pequena separación entre banda e banda.
Si.
As que sempre están rotas.
Alguén veu nalgún sitio ese tipo de persiana que  non estivese derramada? Están como inclinadas, en diagonal. Un dos lados funciona perfectamente pero o outro quedouse estancado e nin parriba nin pabaixo. En que momento alguén decide poñer desas persianas na súa oficina?

Pois xa podo contestar a esta pregunta. No momento en que tes unha persiana normal que tes que andar a subir e baixar segundo van avanzando as nubes e che vai pegando o sol directo ós ollos ou vén un escurecemento como se fose un eclipse total. Nese intre decides que o mellor sería unha desas persianas formadas por pequenas bandas estreitas porque podes regulalas nun punto intermedio no que non entre nin moita luz nin pouca.

Os vellos xa lles chaman presi-anas, e agora entendo por qué. Poque sempre tes que andar presionándoas para subilas e baixalas. O que si era unha cousa boa eran aquelas contras (contraventanas).

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s