Saltar ao contido

A caixa da persiana

05/03/2009

Nunca subestimes a unha persiana. Unha persiana é moito máis do que está a vista. O que realmene importa dunha persiana non é a súa aparencia, é o seu interior. Unha persiana non ten corazón pero ten dúas poleas.

É moi facil derramar unha persiana. Son sensibles. Subímolas e baixámolas ó noso antollo.
Pero, ¿cantas veces se pode subir e baixar unha persiana ó día?
Non o sabemos. Poida que estean feitas para subilas unha vez pola mañá e baixalas en canto chega a noite. Pero en lugar de preguntarnos esto. Facémolo desmesuradamente. Arriba, abaixo. Arriba, abaixo. Arriba, abaixo. Arriba, abaixo. 
Sen compasión.
Sen coidado.
Ó bestia, como o fan as nais para que te ergas para ir ó colexio. Dunha asentada. Ras! e a persiana está arriba e ti tamén, con semellante estrondo.

E así pasa o que pasa. Que cando menos o esperamos a persiana decide facer “mutis por el foro”.

Nese momento é cando pensas que as persianas son unha cousa do mundo que está mal feita e decides pasar do incidente e ver o lado positivo. Nunca te plantexas que poida que teña solución e que poida que esa solución estea nas túas mans.
Nunca o pensas ata que a túa compañeira de piso te pilla por banda e te “convida” a que lle botes unha man mentres ten montado no salón un panorama nada alentador.  A persiana no seu estado semi-inconsciente, a media asta, mentres que a tapa da caixa da persiana está no chan, as mans da túa compañeira amarrando un desparafusador (síntoo, é como se di en galego) e cheas de merda (tamén o sinto, pero así é como cho conto).
Nesta tesitura úneste ó percal. Colles unha cadeira e súbeste nela para ter acceso as entrañas desa, decoñecida para ti ata ese momento, persiana.  E así ficas en torno a unha media hora mentres a túa compañeira fai cousas. Suxeitas o desparafusador (…), pásaslle o desparafusador (…), colles un parafuso (…), poste de puntillas e asomas á cabeza ó interior da caixa da persiana… E así durante un par de horas. Cando ó fin, a persiana está completamente desmontada (ese non era o obxectivo inicial, pero así son as cousas). Entón decides que non tes nin idea de como (carallo) voltar a montala.
Agora tan só quedan dúas opcións.
Primeira. Sacar a tapa doutra persiana para ver o mecanismo.
Segunda. Buscalo por internet.
Que vos vou contar. Que alí me puxen eu a buscar “mecanismo de persiana” en Google. E que vos vou dicir. Atopei centos de resultados de “como arreglar una persiana”. Resultados que te levaban a páxinas onde se detallaba moi ben “como arreglar una persiana”. O detalle era tal que os tres primeiros parágrafos estaban adicados a “como desmontar la tapa de la caja de la persiana, primer requisito imprescindible para proceder a su posterior arreglo” e a segunda liña do cuarto parágrafo era onde che dicía realmente como se amañaba.
Agora que me paro a pensalo a explicación é parella ó mecanismo da persiana. Todo está moi claro ata que sacas a tapa e descobres todo o enredo que hai dentro. 

A nosa gran dúbida “¿para que lado vai a corda na polea?” resolvíase cun “antes de desenrollar la cuerda  hay que fijarse en cómo está colocada”. Perfecto!
Nesta búsqueda polo inquedante mundo da bricolaxe por internet atopámonos cun post no que se compara o arranxo dunha persiana cunha experiencia próxima ó zen.

Total que Mari Carmen tivo que retirar a tapa da persiana da súa habitación para poder ver o funcionamento do mecanismo de poleas.

Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. eusonjavier permalink
    24/03/2009 23:09

    de feito e un rolo

  2. 25/03/2009 00:46

    grazas polo comentario Javier, aínda que non teño nin idea do que queres dicir

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s