Saltar ao contido

(Per)Seguindo a Nacho Vigalondo

11/03/2009

Hoxe por primeira vez perseguín a un fulano. Vin a un tipo pola rúa e comecei a camiñar detrás del. Eu non ía cara ningures. Só paseaba. Así que comecei a pasear detrás daquel… home?
Algo me chamaba a facelo. E sei o qué. Era Nacho Vigalondo.
Bueno, non era Nacho Vigalondo. Pero eu convencinme de que podía selo. E seguino. Seguino porque algo me impulsaba a facelo.

Adoro a Nacho Vigalondo. O personaxe Nacho Vigalondo. Ben é certo que tamén me gustan as súas curtas e a súa peli e o spot no que sae e o festival que dirixe e as chorradas que fai. Pero gústanme, sobretodo, porque son del.
Descubrino na entrevista que lle fixeron en Lo+plus con motivo da súa nominación ó Oscar. Chamoume a atención nada máis velo porque me recordou ó meu amor platónico (un tipo real, un pouco-bastante máis novo que el, que non se parece en nada, pero que a miña mente cre que son a mesma persoa). E desde entón sígoo. E hoxe máis.

El ía ás présas, coma se escapara dalguén. Axitado. Falando polo teléfono móbil.
Tiña a cara pálida. Coma a dun día de resaca. Como se non durmira dende a noite anterior. Como se levase a mesma roupa, agora xa enrugada, sobada.
Non podía ser Nacho Vigalondo. Aquel… señor? estaba moi serio, rozando a agresividade. Parecía asustado. Canso. Vestía mal. Pantalón de pinzas negro e americana marino. O pelo era como o de Vigalondo pero menos. Despeiteado, coma acabado de erguer da siesta. Pequeno e cu gordo. Non podía ser el. Ou si (agora que me poño a ver vídeos no Youtube paréceseme aínda máis).

Pareime un par de veces, pero algo me impulsaba a apurar e ir detrás del. Comprobar se era ou non era. Nun momento virou a cara pero a miña miopía e o meu astigmatismo e a miña carencia de elementos oculares para corrixilo impedíronme identificar aquel rostro.
Parecer parecíase.

Ergueu un brazo. E dirixiuse ata o taxi que acababa de parar. Un señor maior adiantóuselle e el continuou costa arriba falando polo móbil. Nervioso.
Foi entón cando o perdín de vista. Foi entón cando decidín deixar de seguilo.

Qué parvada.

Advertisements
3 Comentarios leave one →
  1. 11/03/2009 22:24

    Ay, me temo que SÍ era yo. Estoy atravesando unos días complicados, y las descripción que haces encaja con la ruina de persona en la que me he convertido. Pero espero evolucionar en breve.
    Un abrazo.

Trackbacks

  1. Esas americanas, Nacho « E-120
  2. Semana Fantástica « E-120

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s