Saltar ao contido

De erros e cousas malas

13/05/2009

“Hai que sacar as cousas malas que un leva enriba para acceder ás boas que un leva no seu interior”.

“Edison non fallou 999 veces en facer unha bombilla, senon que descubriu 999 formas de non facela”.

Ás veces mergúllaste na rutina e pensas (cun pouco de sorte, porque o normal e que pase sen que te decates) que pasa o tempo en van, sen que a vida che agasalle con nada. É entón cando aparecen as coincidencias que dan sentido á túa monotonía, fan que reflexiones sobre algún tema, se iluminen os teus ollos e, por un instante, deixes de mirar a ningures e comeces a mirar no teu interior. Estes días a vida aportoume ou recordoume as dúas citas anteriores, que levo atopando por todas partes e en distintas formas,  sen cesar. Persíguenme e, como crente acérrima que son no destino, por algo será.

Agora mesmo non me lembro de todos, pero podedes atopar algunha referencia no post de Ezequiel Triviño para a revista Anuncios, ¿Dónde están los publicitarios emprendedores? e no de Nacho Vigalondo titulado “Agenda” 

Ambas frases veñen a dici-lo mesmo. Hai que traballar, traballar e traballar. Podes ser un xenio pero se non traballas, traballas e traballas (se non te desprendes das cousas malas, se non cometes erros) a túa bombilla persoal non chegará a iluminarse.

Seguindo o fío do post de Vigalondo (perdón por nomearte tanto aquí Nacho) cheguei ó de El pianista e a unha confesión reveladora: “para ser guionista hay que escribir guiones”. Redondo! E esto vale para todo:  “para ser copy hai que redactar anuncios”, de tan evidente resulta case insultante.

Qué fago que non fago o que quero facer?

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s