Saltar ao contido

Última hora

19/06/2009

Acabo de descubrir  que deixar as cousas para última hora pode ser unha enfermidade. Esto é algo que me tranquiliza, porque persoalmente penso que padezo de ultimitis crónica aguda. (Agora que o penso  o meu problema verdadeiramente é que non son quen de rematar as cousas, sempre deixo todo a medias). É un sino que levo comigo desde moi nova. Xa no colexio, cando o facía todo ben, deixaba todo para o final. Se podía facer os deberes ás dez non os facía ás cino. Nunca souben o que era ter estudado para un exame antes da véspera. Téñoo pasado verdadeiramente mal por non entregar traballos a tempo. Sen ir tan lonxe, hai un par de días que me decataba de que non podo convalidar os tres créditos da carreira que me faltan porque se me pasou o prazo (e o prazo era de 6 meses!!!!).

É curioso que estar doente para min sexa un alivio. Se realmente tivese unha enfermidade, podería adxuntar un xustificante médico cada vez que chegase tarde a un sitio. Entón chegaría aínda máis tarde porque estaría xustificado. Entón penso que nunca chegaría ós sitios.

Con esto de tomarme as cousas con calma, teño perdido todo tipo de medios de transporte. Onte, sen ir máis lonxe, perdín o derradeiro metro. Fiquei en Casa de Campo, destino nada agradable para unha moza, un martes ás dúas da madrugada. Tiven sorte e atopeime con dous homes de fiar. Seguramente sexa a persoa con máis medos do mundo. Nembargantes, os momentos que debería temer tómoos como aventuras, penso que debería ter medo pero nono o sinto. Definitivamente as cousas que non dependen de min non me dan medo. É un problema de confianza, de confianza en min mesma.

Recordo aquel episodio no que Xar, o meu mestre de bioloxía, tras a miña negación de ser eu quen axitara os tubos de ensaio para facer as mesturas alegando a miña torpeza, tentaba convencerme de que non era certo o que eu lle estaba a dicir. Xusto entón rompín o tubo de ensaio, coido que ata me cortei. Menos mal que a mestura non era de sulfato de sodio con cloro e non a liei demasiado parda.

E así, onte, sen os meus medos e coa miña doenza, un marroquí, un exipcio e unha galega voltaron ás súas respeitivas moradas. Grazas señores pola compañía.

Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. Naomi permalink
    25/06/2009 18:10

    Si??? quen cho dixo??? que imbecilidade ¬¬

  2. 25/06/2009 18:17

    unha enfermidade, non unha imbecilidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s