Saltar ao contido

Coidado co que desexas

09/07/2009

Eu son das que di que cando queres algo de verdade, acábalo conseguindo. Pero pensaba que querer algo de verdade ía acompañado de moito traballo, esforzo, dedicación, contactos, etc.

É como aquilo que lle dicía ás miñas amigas da actitude positiva. Se pensas realmente, confiando ó 100% (se é que se pode confiar en tal medida), que aprobarás o exame, aprobaralo. Para min o feito de aprobar ou suspender é todo unha cuestión de actitude (como case todo nesta vida). Elas, por outro lado, non daban moito crédito. Non crían que só con actitude positiva se podía aprobar un exame. Eu dicíalles que para ter a actitude correcta, que para confiar, obviamente, precisabas levar o exame ben preparado. Pois é evidente que se non tocaches os apuntamentos non irás confiando ó 100% por moito que intentes enganarte a ti mesmo. A actitude positiva ten que ser algo completamente sincero, senón non funciona.

Así foi como Patri e Laura conseguiron aprobar dereito de primeiro. Saíron do exame dicindo que lles saíra mal e que  todo aquel conto da actitude positiva non funcionaba. Eu díxenlles que se non lles dera resultado fora porque non o creran de verdade. Elas afirmaron que si, que naquela ocasión si que ían coa certeza de que conseguirían aprobar. Uns días máis tarde saíron as notas e confirmaron o que elas i eu diciamos.

No entanto, últimamente véñenme acontecendo cousas que sempre quixen sen facer nada en particular por conseguilas. Intento convencerme de que é algo que vén de lonxe, polo que estiven dando o callo durante moito tempo, pero algo fai que pense, pola experiencia, porque a razón nunca diría tal cousa, que só o conseguín por pronunciar unhas palabras máxicas. É como se só cando consegues aillar aquilo que queres realmente, esquecendo os contras e as dificultades, cando consegues darte conta de que é o que queres de verdadade, é entón, cando chega o día en que paf! aí está

Trátase dun exercicio mental (o poder da mente), semellante á meditación. Pero en troques de poñer a mente en branco tes que pensar naquilo que pretendes conseguir. Esto pode acontecer en varias etapas. E normalmente (a non ser que sexas Anthony Blake) é involuntario e accidental. Acontece, ou mellor, vai acontecendo. Vas filtrando ata que está aí. Isto non quere dicir que aconteza sen máis, ten que ser algo que sempre quixeches. Non vale conque agora digas, gustaríame ter unha casa en metade dos pirineos, ten que ser un deses soños ó que nunca renunciaches e, creme ou mellor cre nel e teralo.

Como aquela que un día comendo no Retiro gritou “quero un maromo co que pasear polo parque!”

Advertisements
One Comment leave one →
  1. 14/07/2009 11:03

    Aínda que, claro, cando un desexo se cumpre sen estar ben asentado nunha base e cando parece un pouco imposible que sexa real e non o acabas de crer, poida que todo se desmorone sen tan sequera descubrir o gusto da victoria pero sentindo os peores dos fracasos.
    A esperanza é o último que se perde, pero é que eu sufro fraquezas de entusiasmo. Á volta ó cotiá para min é agora, foi, un paso atrás.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s