Saltar ao contido

Cada un toma as cervexas como lle peta

13/08/2009

Unha cálida mañá de xullo en Madrid. Son as 10 e seguramente a temperatura exceda os 30 graos. Estou na barra do típico bar de barrio rexentado polo seu dono e señora que prepara croquetas na cociña. Todo o mundo pide café: con leite, en vaso, cortado, con gotas,…; qué vos vou contar, non recordo oír “un café” dende que estiven vivindo en Portugal onde exquisito é sinónimo de freak.

Chega un fulano e pide unha cervexa.
Será polo rollo castizo, non o sei, pero aquí a xente bebe cañas a calquera hora e se van acompañadas dunhas bravas mellor que mellor, así sexa despois do xantar.
Se fose albanel tampouco escaparía do cotián na nosa terra. Todos coñecemos a vocación do gremio da construción polo bocata a media mañá e, xa se sabe, os optimistas tómano ás 11 pero os pesimistas xa o están papando moito antes. Este home, non digo señor por non ferir sensibilidades, non parecía albanel nin levaba ningún obxecto con forma fálica envolto en papel de aluminio na man, pero pediu unha cervexa. Tampouco é que me desconcertase tanto que a pedise o que me chamou a atención foi o xeito de facelo:

-Una cerveza no muy fría.

A quen se lle conte…

[

A propósito de tomar cervexas, xa se poden votar as pezas inscritas no concurso “un dedo de espuma, dos dedos de frente“. Eu presentei un par delas e por se alguén quere aportar o seu gran de area déixolle o link para exercer o seu dereito ó voto:

GRÁFICA: La que no estaba buena

MICRORRELATO: Cada cerveza, una historia

]

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s