Saltar ao contido

Soa, convencións sociais, a política do correcto e un cargamento de chocolate

18/08/2009

Cando comezo a escribir isto non sei como vai rematar nin de que vai tratar. Tan só o fago porque necesito facelo. Onte quedei soa e hoxe erguinme sen ninguén a quen contarllo. Preciso a soidade como preciso poder falar dela. Cando máis soa me sinto é cando estou rodeada de xente que entre si se coñece pero que non me coñece a min. Para ese grupo son un corpo estrano co que deben ser simpáticos sen importarlle demasiado.

Falas dunhas cousas e doutras, intégrante en conversas ás que pouco podes aportar e que menos che aportan a ti. Tan sequera che interesan o máis mínimo. Integrarse é un coñazo. Pódoo demostrar, integrar é o nome que lle puxeron a unha operación matemática que non se sabe moi ben para qué sirve.

[Broken message]
Esto é o que me aparece ás veces na memoria do móbil cando ó comezo dunha mensaxe enviada non se correponde co final, resulta, cando menos, estrano; pero sirve (o meu lado pragmático sempre vixente), cando máis, para percibir outras realidades. Puxen o de mensaxe rota porque o comezo deste post data do sábado e a continuación recén a escribo descoñecendo de que tratará.

Nunca sabes se a xente que che rodea é politicamente correcta ou é sincera. Ás veces si.

O do cargamento de chocolate que cada quen o interprete como queira. Tan só aclarar que a min váleme de calquera, pero mellor o de comer e coa maior concentración de cacao que sexa aceitada.

Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. Juanma permalink
    02/09/2009 16:50

    Hola! o de integrarse é dificil pero saber de que falar é ainda máis complicado. Perdón polas faltas ortográficas.
    Se non se fala… dinche: moi calado estás.
    Se falas moito… dinche: deixa de dicir parvadas.
    E se non atinas que tema é apropiado… pensa: que pouco inxenio ten este, non ten cultura onde apoiarse?… ou algo así.
    Felicidades polo das galletas… xa me contarás… supoño que me entendes.

  2. 02/09/2009 17:03

    Ola irmán,
    entendo que as galletas estaban boas e por iso me felicitas. A ver se non se chafa.
    As faltas de ortografía non se perdoan tendo en conta que estás conectado a internet e podes corrixilas.
    A min nunca me dixeron que deixara de dicir parvadas pero por sorte nunca me tiven que integrar con xente coma ti.
    Sorte!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s