Saltar ao contido

“non estás tan gordo como te imaxinas”

14/09/2009

Cando te decates dos erros que cometiches non che quedará máis remedio que levalos contigo. Daquela xurdirá a túa presonalidade porque a honestidade sairá do máis fondo de ti…

Goza da forza e beleza da túa xuventude. Non me fagas caso, nunca entendemos a forza e beleza da xuventude ata que xa se murchou, pero creme. Dentro de vinte anos, cando mirando fotos te vexas a ti mesmo verás, como non podes ver agora, cantas posibilidades tiñas ante ti, e o guapo que en realidae eras, non estás tan gordo como te imaxinas. Non te preocupes polo futuro, ou preocúpate pero sabendo que facelo é tan efectivo como intentar resolver unha ecuación de álxebra mascando chicle. É probale que os problemas máis serios que che xurdan na vida sexan cousas que nin te imaxinas, desas que te sorprenden un xoves calquera.

Todos os días fai algo que che dea medo, canta, non xogues cos corazóns. Non permitas que os demais xoguen co teu. Lava os dentes. Non perdas o tempo sentindo envexa. Unhas veces irás gañando e outras perdendo. A carreira é longa e ó final só compites contra ti mesmo. Recorda os eloxios que recibas, esquece os insultos. E se o consegues, dime como.

Conserva as vellas cartas de amor. Tira os recibos vellos do banco. Érguete. Non te sintas culpable se non sabes que queres facer na vida. As persoas máis interesantes que coñezo tampouco o saben ós corenta. Toma moito calcio. Trata ben os xeonllos. Botaralos en falta cando che fallen. Se cadra casas, se cadra, non. Se cadra tes fillos, se cadra, non. Se cadra te divorcias, se cadra non, e bailas un rock celebrando as vodas de platino. Fagas o que fagas non te congratules de máis. Nin tampouco te censures. Sempre optaches por unha cousa ou outra, coma todo o mundo.

Goza do corpo, úsao de todas as maneiras que poidas, non lle teñas medo. Nin te preocupes do que pensan os demais del. É o mellor instrumento que terás en toda a túa vida. Baila aínda que non o poidas facer máis que na sala da túa casa. Le as instrucións aínda que non as sigas. Non leas revistas de beleza. Só farán que te sintas feo. Coñece ós teus pais. Nunca saberás cando se van ir para sempre. Sé bo cos teus irmáns. Son o vencello co teu pasado. E probablemente sigan contigo no futuro. Entende que os amigos veñen e van, pero que hai uns poucos escollidos que debes conservar.

Fai o esforzo de non desvencellarte de certos lugares e costumes pois canto máis vello vaias, máis precisarás das persoas que coñeciches cando eras novo. Vive en Nova York algunha vez pero vaite antes de te endureceres. Vive no norte de California algunha vez pero vaite antes de te abrandares. Viaxa. Non fagas demasiadas cousas no pelo ou cando teñas corenta parecerá o de alguén de oitenta e cinco.

Ten coidado cos consellos que mercas e ten paciencia con quen chos vende. Os consellos son unha forma de nostalxia. Dálos é un xeito de rescatala do vertedoiro, de saneala, de pintar as súas partes feas e reciclalas, dándolles máis valor do que teñen. Pero, por favor, creme no do protector solar.

THE BIG KAHUNA.

Dirixido por John Swanbeck

Guión de Roger Rueff

Tradución Benigno Fernández Salgado

Advertisements
4 Comentarios leave one →
  1. Andrea permalink
    14/09/2009 12:07

    si que merece la pena si!, creo haberlo escuchado o leído en algún sitio alguna vez, pero no sé si es por estar escuchando a Paco de Lucía o por mi coyuntura interior que de esta me ha llegado al hueso…

    como trabajamos eh?!?!

  2. 14/09/2009 12:35

    Poida que mo teñas escoitado a min. Léranolo o mestre de galego o último día de clase (en 1º da carreira).
    Pois resulta que hoxe sufrín baixa matrimonial, non sei se me entendes.

  3. nacho permalink
    14/09/2009 15:14

    Perfecto!

Trackbacks

  1. Libro de autodestrución « E-120

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s