Saltar ao contido

Jodido ou como perder todo o que tes en dous días

22/12/2009

Que pasa cando metes a pata pero ben e en lugar de perxudicarte a ti mesma, que é como debe ser, perxudicas ós demais, ós que máis queres????

Eu son torpe, non mido as palabras, nin as opinións, son allea ó políticamente correcto e defendo a liberdade de opinión ante todo. Deixo todo para última hora, chamar por teléfono cústame moito máis do que cobra a operadora máis cara. Téñolle medo a case todo, e unha facilidade tremenda para fabricar corazas e retraerme. E vale. Cando repercute en min non pasa nada. Son así. Gustaríame mellorar pero apando co que fago. O problema é cando repercute nos demais, e sempre repercute nos demais, nos que máis te queren. O teu compañeiro de traballo, á persoa que amas, á toda a túa famlia e a unha amiga moi especial, vamos que están todos no bote. E mentres, ti o único que queres é permanecer baixo terra durante 3 días seguidos, tes que dar a cara, pedir desculpas e intentar arranxar o inarranxable. Pero é que sempre me pasa o mesmo, sempre se repite, levo uns días de dejà vu constante e novidades que preferiría que non acontecesen. Está claro, hai moitas cousas que  teño que cambiar.

Polo de agora pido desculpas.

Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. jrbernardez permalink
    23/12/2009 10:51

    Supoño que borraches ese post?! Eu e mamá queriámolo ler… Non terás unha copia? Eu creo que non sería para tanto… pero pasoulle a un amigo meu algo parecido pero o revés… meteuse nunha lea da súa empresa por culpa do seu curmá por non pensar o que facía. Esaxerando, estiveron a punto de ir a xuizo enfrontados pero o final quedou en nada.

    O teu so foi algo que puxeches onde non debía e que terías que poñer, por exemplo nesta bitácora.
    ‘Bueno, malo sea’ e ata agora.

  2. 23/12/2009 13:22

    Exacto! Pero foi unha falta de luces inadmisible e que lle podería custar o curro a Andrea, nada menos.
    Hai que ser un pouco máis espabilado nesta vida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s