Saltar ao contido

Seguimos as frechas brancas

04/06/2010

Preguntamos se tan só había unha pedra. Dixéronos que había todas esas, sinalando unha exposición de postais. Entramos. Non porque nos persuadira a verborrea do taquilleiro. Non había outra. Despois de todo, levabamos recorridos quilómetros de angosta estrada, cantís ameazantes, lóstregos e ventanos do demo, incluidos, ata chegar a aquela cidade encantada.

Efectivamente, había moitas pedras. Ó principio só eran iso. Pero pouco a pouco comezamos a velas doutro xeito. Formas imposibles, animais xigantes, pasadizos sen fin. Deslizámonos polo tobogán e caímos nun mar inmenso, que se extendía baixo os nosos pés ata o infinito, todo de pedra. Fadas, trasnos, tartarugas, meigas e bruxas, como estar dentro do conxuro da queimada pero sen tanta calor. Incluso despois do bico ó home de pedra a temperatura non subeu demasiado.

Atopámonos dúas veces coa mesma excursión de escolares, só que a segunda vez eran moito máis novos. Pasounos o mesmo, cando as frechas foron vermellas tiñamos 18 anos, menos mal, aínda poderiamos conducir de volta.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s