Saltar ao contido

Fin da 2ª tempada

24/06/2010

Campamento Mad remata a tempada cuns índice de audiencia superiores ás expectativas, que eran máis ben poucas, por emitirse en noite de martes.

O grupo quedou no bar que podería ter sido o “de sempre” de non ser a primeira vez que ían.

Mandy rematou asinando un suculento contrato. Mudouse ó centro e cambiou a súa pandilla de galegas por outra igual de faranduleira pero moito máis “feixon e con glamur”. Feito bastante extraordinario, por outra banda, por relacionarse con mozas lozanas de Lalín que, como ben se sabe, nese eido, andan ben dotadas.

Betzy regresou a Vigo, sen ningún plan aparente máis alá da fin de semana.

Zen tamén voltou para coller forzas durante o verán e seguir queimando Madrid no vindeiro curso.

Tere tamén se foi cos flashes a outra parte e sen gañas de máis Aluche.

Arale ficará na capital, forzada a trasladarse, atopa un cuarto con vistas á praza de touros.

Pao iniciou a súa propia aventura en Malta, para protagonizar unha spin off da serie. Na illa continuará coa súa carreira artística a través da grabación dunha peza cinematográfica cunha webcam HD que non lle pertencía.

Pailán, que nun primeiro momento tiña a súa marcha programada, quédase con dúbidas tras unha confesión inesperada.

Coa marcha das galegas, como era de agardar, Campamento foi a peor. As tendas chinesas comezaron a pechar, o garda do Carrefur deixou o traballo e o Boatortura foi traspasado a un home baixiño con bigote que empezou a pinchar ós Planetas e a traer monologuistas que non facían rir, perdendo así toda a clientela. As malas linguas aseguran que é Pailán disfrazada de señor.

Advertisements
4 Comentarios leave one →
  1. Andrea permalink
    13/07/2010 22:18

    moi boa esta seria, toda unha revelación!
    as temporadas das series sempre acaban con acontecementos e incertidubres tan grandes que non che deixan respirar durante os meses que non a sintonizas.
    Sen embargo despois do segundo capitulo da seguite temporada seguen igual que sempre…

    Proxima temporada….. “Campamento de muñeiras” ou “a isla de lost é malta”??

  2. 14/07/2010 10:53

    Tema isla me va, me va

  3. alhajita permalink
    27/07/2010 01:16

    Sempre nos quedará San Xoan, en Aluche, Malta ou Nigrán. Mellor dito, o finde ¿antes? ¿despois? de San Xoan!

    Nun mes andamos de novo case todas por ahí 😉

  4. 28/07/2010 08:58

    Tes razón. Esquecín mencionar o especial San Xoán. Supoño que será unha longametraxe e agardo que chegue a ser unha saga ou algo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s