Saltar ao contido

¡Viva a decadencia!

22/09/2010

En serio. O mellor momento destas festas, se iso non é felicidade que vengadiosylovea, foi o concerto de Nacional 525, grupo mítico-ochentero-lalinense que se acaba de arrexuntar. Os bares da rúa b organizaron para que non pasase ningún coche, sacaron as barras fóra e crearon un ambiente festivo que nin as festas de Melide. O de decadente é unha alusión ó cartel “destiano”. Adóitese oír aquilo de que “as festas non valen nada” e ó ano seguinte mordémonos a lingua cando nos decatamos de que sempre se pode ir a peor.

Total, que me emocionei co panorama do venres. Boteille a culpa á música patria e poida que as cervexas tiveran tanto que ver. A felicidade duroume menos que o frío. A xente comezou a marchar e a idea de que poida que os tempos cambien, a creatividade supere as fórmulas comerciais, que Lalín se convirta en cuna dalgo máis que de xentiña con pouco entusiasmo, que nun par de anos haxa unhas festas “low-cost” pero co seu aquel tamén marchou. Por sorte o que sempre fica ata o final de cada concerto con bises incluídos é a esperanza.

Pequei de entusiasta por un momento. Poida que iso fora o que confundira coa felicidade. En todo caso quédome cos Atmósferas Ceros e Enes Cincocentosvintecincoses antes que cos Soños de Morfeoses ou Orellas de Vangós que andan por aí.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s