Saltar ao contido

E ti levabas todo o tempo tres raíñas

14/12/2010
Precisas algo especial, precisas que che digan algo que xa sabes, que con tres raíñas na man non podes darte por vencido.

Non importa o que fagas se comezas dándote por vencido.
E comezas a camiñar cara atrás aínda que te das conta de que te equivocas.
E estás na procura dalgo que aínda non acabaches de atopar.
E a túa moza deixoute, foise voando hai tempo atrás.
E o teu corazón síntese enfermo coma un peixe a punto de ser fritido.
E pensas que fracasaches na liorta de onte
cando fuches enganado e burlado mentres facías fronte a un farol.
E ti levabas todo o tempo tres raíñas
e iso vólvete tolo, faite sentir vergoña.

E hai algo na túa mente que che gustaría estar dicindo.
Que alguén nalgures debería estar escoitando
e por moito que o intentas non podes dicilo.
¿Por que estou camiñando, cara onde estou correndo,
que estou dicindo, que estou aprendendo
das palabras que estou escribindo,
das palabras que estou pensando?
¿A quen estou axudando, que estou estragando,
que estou dando, que estou recibindo?

E sabes que é algo especial o que precisas,
e decátaste de que ningunha droga fará nada por aliviarte
e que non hai alcol na terra que logre que o teu cerebro pare de sangrar.
e precisas algo especial.
Si, precisas algo especial, dacordo.
Precisas un tren que voe rápido sobre unha vía de tornado
para que te leve a algures e che traia de volta.
Precisas que se abra unha nova porta
para mostrarche algo que xa viches antes,
pero que pasaches por alto un cento de veces, poida que máis.
Precisas algo que che faga comprender
que es ti, e ninguén máis, o dono
do sitio que ocupas, do lugar no que estás sentado.
Iso é o que precisas e precísalo de verdade, amigo.
E o teu problema é que o sabes demasiado ben.
E non podes atopalo nos parvos sen talento
que están ó teu arredor loándote
e que fan as leis para os que teñen talento
e non está nos que non teñen talento e pensan que o teñen
e pensan que te están enganando.
Nin nos que asaltan ó furgón
durante un intre, porque saben que está de moda
correr unha aventura, saír pitando de aí
e facer toda clase de diñeiro e deitarse con tódalas rapazas posibles.
E bérraste a ti mesmo e guindas o chapeo
dicindo: ¿teño que ser desta maneira?
¿non hai ninguén aquí que saiba de qué vou?
¿non hai ninguén aquí que saiba cómo me sinto?

Adaptación dos últimos pensamntos sobre Woody Guthrie / Por Bob Dylan

Visto en Cuaderno de todo
Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s