Saltar ao contido

13 cousas

26/04/2011

dommo, a axencia na que traballo, acaba de ser escollida unha das 15 axencias independentes líderes do mundo no 2011. Unha selección de axencias creativas que publica a modo de sumplemento a revista Campaign. Con tal motivo, estiven revisando o suplemento do 2010, onde cada unha das axencias recoñecidas participaban cun artigo no que, dalgunha maneira, tentaban mostrasr o seu punto de vista. Desta guisa din co seguinte texto que, a continuación, adapto ó galego:

Deixei de traballar hai tres anos. Cando teño oportunidade aproveito para convencer a todo o mundo de que faga o mesmo. Quero dicir, ¡veña! ¿non te das conta? Só o feito de ter que traballar xa é traballo sucio. ¿Quen, no seu sano xuizo, querería facelo? ¿Algunha vez observaches a unha persoa traballando? Ou se es unha delas, ¿algunha vez te miraches no espello? Estás ridículo. Deixaches de ser ti mesmo hai unha morea de tempo. Porque prefires ser o que a situación che pide. Non sabes como te sintes realmente porque estás constatemente preocupado polo que sinten todos os demais. Esquecihes o que é ser intelixente porque estás máis preocupado de parecelo.

Traballas duro, pero non te sintes satisfeito. Salvagardas as túas costas antes de dar a túa opinión sincera. Farías calquera cousa por agradar ó cliente. E cando o mercado emerxa de novo, serás o primeiro que o cliente non queira ver. Cantos máis postos escalas no traballo, peor se volve. Ves a túa familia cada vez menos; mentres comezas a preocuparte de que a túa muller poida deixarte. Perdiches o teu punto de vista. E ninguén parece gustarche. E cando te das conta do que pasa, hai moita hipoteca por pagar. Voltácheste un escravo do teu estilo de vida. E estás tan asustado que aprendiches a convivir con todo o estrés. De feito, vivir con el é case unha convición.

Así é que, antes de chegar a tal punto, deixei de traballar. Empecei a facer algo novo. Vivir. Embarqueime nunha viaxe de descubrimento persoal; de aprendizaxe, observación, experimentación, crenzas, coñecemento, amor e respeito. E mudou a miña forma de pensar sobre o negocio da creatividade.

A continuación relato algunhas das cousas que aprendín polo camiño da miña metamorfose. Non teñen nada que ver co noso negocio. Son cousas sinxelas que adoitamos esquecer no medio dos números e xergas.

1. Acepta a incerteza e os nervios.
Os nervios son o primeiro que sentimos. E a incerteza, o primeiro que pensamos. Se ti non estás nervioso, é que non sintes nada. Se non tes incerteza, é que non pensas bastante. Aprende a aceptalos. As mellores cousas do mundo están feitas de nerviosismo e incerteza.

2. Colabora, non compitas.
Non podes ser bo en todo. Unha mente é boa. Dúas mentes, ¡xeniais! Aprende a co-existir con outras mentes. Mentes que son completamente tanxenciais á túa. Máis rápidas, profundas ou simples. Repara en cada unha elas. Estimúlaas. A maxia acontecerá.

3. Cre en algo.
En Deus. En ti mesmo. No destino. Na maxia. Santa Claus. Aliens. Esperanza. Móviles. No dixital. Deseño. Algo. Cre. Sentirás menos vertixe se miras cara o horizonte.

4. Canaliza as emocións.
Ó longo da vida: haberá felicidade. Desesperación. Depresión. Haberá veces que te sintas estúpido. Outras que sentirás que estás na cume. Non malgastes estas emocións sen facer nada. Crea algo fóra delas. O Blues nace da tristura. O R&B nace da opresión.

5. Confianza e respeito.
Todo o demais é efímero. O diñeiro, a fama, os bos tempos e os malos tempos irán e voltarán unha e outra vez. Tan pronto como teñas confianza en ti mesmo, na túa xente, no traballo que fas, na bondade e na maxia, continuarás estando no negocio.

6. Sé estudiante.
Sé profesor. Xulga menos. Experimenta máis. O mundo mudará. O mundo evolucionará. Ás veces contribuiremos ó cambio e á evolución. Pero a maioría das veces, tan só o padeceremos. Acéptao. Aprende de todo. Desde o ben. Desde o mal. Desde a estupidez. Desde a fortaleza. Recibín as mellores leccións de comunicación dun taxista, grandes consellos de negocio dalgún mociño e con frecuencia obteño as mellores ideas dos clientes.

7. Non maltrates a túa mente.
As drogas non farán que te sintas mellor. Non te farán máis feliz. Nin a longo prazo. Nin a curto prazo. Respira correctamente. Medita. Come nas túas horas. Bebe de xeito responsable. Non sei se isto fará que penses mellor. Pero axudarache a pensar durante máis tempo.

8. Non deixes que se colapse a túa cabeza.
Algunhas veces terás éxito, outras fracasarás. Uns días serás un xenio, outros serás estúpido. Non fiques ahí. Nunca subestimes a estupidez, nin sobrevalores a intelixencia. Na correcta medida, ambos poden crear algo magnífico.

9. Sé humilde.
Teño observado que as mentes máis talentosas son tamén as que menos o asumen. Xente sinxela e humilde.

10. Viaxa.
Nada vén da nada. Visita lugares. Le. Escoita. Coñece xente. Ábrete ás culturas, influencias e experiencias. Canto máis vemos, máis ideas temos.

11. Sal cedo do traballo.
Se a xente que te rodea está contenta contigo, ti farás á xente que te rodea feliz. E viceversa.

12. Sé honesto contigo mesmo.
Canto máis honesto es contigo mesmo, máis te aceptarás tal como es. E canto máis axiña te aceptes como es, antes conseguirás que o teu traballo sexa orixinal.

13. Pensa. Non esteas preocupado.
A maoiría do teu traballo duro debería ir dirixido a minimizar as complicacións da túa cabeza. Máis alá diso, tanto a creatividade como a vida serán simples. Canto menos espazo deixes para as preocupacións, máis espazo terás para pensar.

En resumo: Para de traballar. Xoga. Cambia. Intenta. Proba. Inventa. Reinventa. Empuxa. Fai. Constrúe. Crea. Comparte. Non perdas o tempo. Só se vive unha vez.

Sajan RaJ Kurup, fundador de Creativeland Asia.

Advertisements
One Comment leave one →
  1. juan permalink
    28/04/2011 14:32

    Pois nada, bo artigo. En resumidas contas supoño que o artigo di algo así como: ¡non vendas a túa alma o demo! Cada persoa é individual e case sempre hai que ser un mesmo ainda que a curto prazo sexa doloroso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s