Saltar ao contido

08:01

14/06/2011

Descoñezo as causas de por que Jon, mira que é un nome feo, foi o apelativo escollido por seus pais cando naceu. Seguramente dean para outra historia, ou non. Nesta, Jon xa é maior. Tanto, que xa había anos que non se preguntaba polo seu estúpido nome. Tanto, que xa vivía no seu futuro. Si, nesa etapa da vida para a que sempre estás a prepararte, que, resultou, sen el pararse a pensalo nunca, que seus pais tamén escolleran. Adicábase ó negocio familiar. Unha fábrica de galletas con bastante tradición.
Jon era un home pausado, reflexivo. Dos que lle acontecen máis cousas de amígdalas para dentro. Non sabería dicir se feliz ou non, aparentemente satisfeito. Non tiña grandes ambicións máis alá dunha soa: saber qué era o que realmente lle gustaba facer.
Para el o éxito laboral radicaba en traballar no que realmente lle gustaba. Ése era o pensamento que adoitaba ocultar tras a súa aparente parsimonia. Gustáballe o que facía, pero non tiña a certeza de que iso fose o que, de verdade, quería. Facíao o mellor que podía, sen limitarse a dirixir o negocio, introducindo innovacións, facéndoo medrar, aportando valor. De feito, pensaba que se seu pai vivira estaría orgulloso da empresa, que se sorprendería do que podía dar de si.  Non quería quedarse estancado, ésa era outra das súas grandes preocupacións, pero tampouco se precipitaba. Era un bo xefe, promovía un entorno agradable e tentaba estar ó día e valorar as ideas que lle chegaban. Sen ansias, sen ter ambicións, sen esmagar a ninguén. Non lle preocupaba que os números cadrasen (se o traballo estaba ben feito non tiñan por que non cadrar), preocupábase de estar satisfeito co que facía.
Un día, non sabemos como, deu coa resposta a todas as súas preguntas. Atoparía o sentido do seu traballo no 08:01. Ése era o seu destino. Só tiña que ir na procura del. Aí atoparía a súa auténtica vocación. Estaba emocionado e, por unha vez, impaciente. Só desexaba rematar tódalas rutinas diarias para poder ir a 08:01.
Precipitadamente saiu da oficina e dirixiuse a 08:01. Nuns intres coñecería a súa auténtica paixón.
Soou unha alarma. Pipipí, pipipí. Desorientado, colleu o móbil e logrou apagar o molesto pitido. Chegou a 08:01. Era unha habitación circular con varias portas, todas elas marcaban 08:01 en números dixitáis. Outra vez a maldita alarma. Pipipí, pipipí. Abriu os ollos mentres collía o teléfono ó pé da almofada. A pantalla marcaba as 08:01. Confuso, pensou que tiña que erguerse ou chegaría tarde ó traballo que, como todo venres, era dirixir a fábrica de galletas que herdara de seus pais.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s