Saltar ao contido

Volver (a Google+)

11/07/2011

Chegou un día no que non entendía nada. A xente lembraba os cumpreanos de todo o mundo, viran fotos miñas que eu nin sabía que existían, quedaba e organizaba eventos sen mediar palabra. Quitárame do Facebook facía unhas semans e pola miña mente rondaba a idea de voltar. Andar outra vez a facer arquivos comprimidos para enviar fotos por email xa deixara de ter sentido na era das redes sociais.

Entón chegou Google+. Non tería que volver a caer nas redes de Facebook, ¡ben! E cando parecía que  comezar de novo significaría non cometer os mesmos erros, non agregar a todo o mundo e compartir de xeito máis cauto, comezo a volcarme xeito desmedido, coma se non houbese mañá, engadindo á xente ós círculos sen ter moi claro que é o que estaba facendo.

Un resumo. (Que poida que me faga graza dentro duns días ou semanas, cando a cousa madure)

Tres vantaxes. 1. Para os que consultamos o correo en Gmail, lemos blogs a través do Reader ou usamos o Calendar como axenda, o Plus, non deixa de ser un paso máis, unha opción actualizada que recolle todo o que xa tiñamos, sen ter que comezar de cero. 2. Polo visto, ofrece maior privacidade que Facebook, haberá que ilo vendo. 3. Intereses e non páxinas. Xa non se trata de que me guste a páxina estática de “Los planetas”. Senon “Los Planetas” é un dos meus intereses e podo ter novas a tempo real, no meu taboleiro e de unha morea de fontes distintas.

Parecidos razoables. As semellanzas con FB parécenme un acerto, así xa nos dá case todo o traballo feito. Wave non tiña nada que ver con nada que coñeceramos e non resultou. Ademais, chega nun momento no que a rede de Zuckerberg estaba baixando o seu crecemento (penso que unha oportunidade).

Un medo. Google xa é bastante todopoderoso, Android é o sistema operativo móvil máis extendido no mundo, Chrome coido que lle segue a comer terreno ó resto de navegadores. Se Google+ triunfa, ¿que será de nós? ¿Un buscador rematará gobernando a Terra?

Unha dúbida. Deixamos de “ser fans” e o “me gusta” pode estar amezado polo +1, ¿comezaremos a falar en sistema binario?

Un pesadelo. As notificacións vermellas, ¿quen me mandaría? Penso que, en certo modo, estas plataformas están feitas para engancharnos e as notificacións conségueno. Cada vez que decidimos pechar sesión aparece un punto vermello por algunha parte gritándonos, chamando a nosa atención para que pensemos que “algo pasou”. ¡Malditos! Xa teño ansiedade no corpo outra vez.

Todos invitados. Se alguén quere unha invitación para Google+ que se poña en contacto comigo e estarei encantada de enviarlla.

Advertisements
One Comment leave one →
  1. 12/07/2011 18:06

    jajajaja, tan dacordo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s