Saltar ao contido

Zume de carballo

10/09/2011
tags:

A miña abuela usaba os guantes de goma para poñer as medias, xamais para fregar.

A miña abuela gustáballe o morado e o verde e non escatimaba en mercar a roupa nesas cores.

A miña abuela, sabendo que ías comer alí o domingo, facíache para ti soa unha sartenada de patacas fritidas, as mellores do mundo.

A miña abuela marcaba as sabas para que cadrase sempre a parte dos pés nos pés.

A miña abuela non era de dar moitos bicos pero metíache man en canto podía.

A miña abuela sempre se sentaba nun recanto da mesa aínda que a tivese toda para ela soa.

A miña abuela comía o caldo por riba, facía o arroz en aceite e fervía o leite aínda que fose de cartón.

A miña abuela ten sido a protagonista de non poucos artigos deste blogue e espero que siga sendo a protagonista de moitos máis.

Estes días quedoume claro que había xente á que lle gustaba miña abuela e era porque era unha muller rara, que dicía o que pensaba, aínda que non fose bo. E isto é unha verdade coma un templo, porque sempre había de haber algo que non lle acababa de gustar, pero dicíao á sua maneira con respeito, e sen ningunha mala intención. O mellor é que eu tamén son así, e estou moi orgullosa de parecerme á miña abueliña.

Advertisements
3 Comentarios leave one →
  1. maria cadavieco permalink
    23/10/2011 01:57

    Me hubiera gustado conocerla. Ahora veo de donde te viene esa forma tuya de decir las cosas que tanto me gusta… 🙂

  2. 24/10/2011 17:24

    Ya ves que el mérito no es mío. Gracias por comentar!

  3. Anónimo permalink
    10/11/2011 12:48

    Precioso artículo. 100% Concha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s