Saltar ao contido

Noventa

12/12/2011

Para min foi a primeira persoa en cumprir 80 anos. Daquelas supuxo todo un acontecemento, un velón enorme no medio dunha tarta de piña e unha caixa de Ferrero Rocher deron conta delo.

Uns anos despois, unha neta tentou gabalo dicíndolle que o xersei que levaba o facía máis novo que, polo menos, lle quitaba 10 anos. Era o xersei de diario dos domingos, de lá verde con rombos, dous, grandes e azuis centrados no peito. El dixo que xa non lle gustaba aquel xersei, porque non quería que nada lle quitase anos, iso sería ir para atrás.

Agora conta noventa e sete e segue contando os triunfos e os tantos da brisca, o que non conta son moitos contos, pero iso tampouco é ningunha novidade.

A xente máis nova xa asina por chegar á súa idade. Se souberan o que lle custa ó vello igual non andaban tan apurados. Estar ben, andar ó frío, coller centos de quilos de castañas e picar leña para constuir unha muralla custa o seu. E só o vello sabe canto.

Cada un sabe as súas.

Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. juan permalink
    13/12/2011 00:49

    Como nos dixeron na factoría do guión: os bos guións son os que fan que a xente ría, chore ou se identifiquen ca súa realidade

  2. 13/12/2011 04:59

    Encántame…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s