Saltar ao contido

Papel perfumado para limpar o cu

16/12/2011

Hai cousas que non teñen sentido e iso só pode ter dúas causas: marketing ou a fin do mundo. Xuzguen vostedes mesmos.

1. Sabores, olores e cores. Esta mañá collín unha pequena porción de papel hixiénico para limparme o nariz e metino no peto. Agora levo un flamante anaco de papel rosa que saco de vez en cando para sonarme. Si, reutilizo ata os panos de papel, sen terme criado na posguerra. De ser así, utilizaríaos de tea, polo que tería que perfumalo eu mesma. Entendo que un pano (pano-nariz, nariz-pano) veña perfumado; pero, o papel hixiénico? Alguén probou a metelo na boca a ver se sabe a algo?

2. A predición meteorolóxica de Antena 3 (aínda que podería ser outra). Hai dous días prognosticaron un temporal que estaba afectando á costa galega mentres en Pontevedra raiaba o sol. Por se acaso saín con gabardina e paraugas, e fixen ben, porque hoxe chegaron a choiva e o vento.

3. A ley de Demi Moore. O curioso é que non ten nada que ver con deitarse cun rapaz moito máis novo. Coñecía o efecto Bárbara Streisand, pero isto?

4. A normalidade é rara. Que a conexión de Internet falle no medio dunha clase é o normal, o raro sería que os vídeos insertados nun power point funcionasen durante a presentación. Que unha lámpada fluorescente tintinee tamén é normal, o raro é que a profesora a mire como se fose cousa dos espíritos. Iso é o que asusta. É como se ves a unha azafata asustada cunha pequena turbulencia do avión, dáche pánico.

Bonus track: Nunca verás a un obreiro só. Polo menos verás a dous, un traballando e outro mirando. O curioso deste caso é que os albaneis en cuestión estaban arranxando unha baldosa da beirarúa. Unha. Porque as demais seguen flotando sobre charcos para, cando menos o esperes, escupirche toda a lama acumulada.

OUTROS TÍTULOS DA COLECCIÓN:

Non te fíes do home do tempo

Tes unha foto na conserxería

Pecha o paraugas se non queres mollarte

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s