Saltar ao contido

Have you ever seen the rain?

29/02/2012

Crieime nunha casa sen música.

As únicas excepcións eran os clásicos tarareos desafinados na bañeira, os “cumpleaños feliz” e panxoliñas cando correspondían, algún  “ondiñas veñen” ben sentido nas viaxes no Panda ou a lista “del 40 al 1” os sábados pola mañá.

O que si había era unha radio na cociña. Mellor dito, un radiocasé. Meu pai interpoñíao entre nós e a potencial conversa familar tódolos días á hora do xantar con algún barullo desagradable en prosa. Outras veces servía de atrezzo para os guateques en silenzo, nos que xogaba a abrir e pechar a portiña que tiña o aparto na parte frontal. Plic-plas, plic-plas. Plic. Plas.

Un día, chegou á casa unha cinta de casete, grabada, que encaixaba á perfección no burato aquel da radio. A cinta soaba dura e estrana, nun inglés completamente inintelixible.  A base de escoitala unha e outra vez rematamos canturreando os estribillos, facendo que tocabamos a guitarra e movendo o pelaso para diante e para atrás cal roqueiro desatado. Jeeeei chunai. Chunaai, chunaaai.

Moitos anos despois, pregunteille a meu pai de quen era a cinta. Respondeume algo incomprensible. Eu insistín, tiña ganas de escoitar outra vez aquela música,  pero non fun capaz de entender o nome do grupo nin meu pai de dicirme como se escribía. Esquecínme do conto, ata que alguén me contou que quería levar a seu pai a un concerto dun tal John Fogerty. Entereime de que ese señor era o líder dun grupo mítico dos 60 que se chamaba Creedence Clearwater Revival.

Onte o casete fixo 50 anos.
O domingo no coche soou isto:

Dúas liñas paralelas poden estar moi xuntiñas pero, por máis que se prolonguen, nunca chegan a encontrarse.

Advertisements
3 Comentarios leave one →
  1. 01/03/2012 16:48

    encantame… que tempos… eu tenho unha caixa negra coma as dos avions toda chea de casetes

  2. 01/03/2012 19:48

    Que mítica Nao, coma sempre gardando todo. Un día montas unha exposición.

  3. 01/03/2012 19:53

    no dejéis de avisarme de la exposición que la completo 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s