Saltar ao contido

Virxes subvencionadas

07/08/2012

Os domingos non existen. Pásaos arrastrándose preguiceiramente sobre as baldosas da casa. É gusano. Involuciona da bolboreta que foi ata o capullo que será. Ela cumpre o terceiro mandamento relixiosamente cada sábado pola noite.

Os domingos non existen. Por norma existen os sábados de madrugada, que é distinto. Pero Norma sáese da rutina e cambia unha procesión por outra, coma se por cambiar a cola para ir ó baño pola de pasar por debaixo da virxe, fose a cambiar algo. Rodéase de xente descoñecida como é habitual, pero camiña xunto a eles, na mesma dirección. Próxima no espazo e tempo pero lonxana en todo o demais. Porque as persoas temos moitas máis de catro dimensións. Norma-nai tamén vai, con todo o que iso significa. Ser consciente de quen es, de onde vés, cara onde vas (porque as persoas temos a capacidade de parecernos cada vez máis ós nosos pais). Maniféstase o lastre do que nunca deixaches de ser a modo de ente parlante e camiñante. Aparentemente feliz. Falso no fondo.

Norma é unha persoa que non busca temas de conversa nos medios. Por iso a meirande parte do tempo non ten nada que dicir. As súas, son palabras propias, persoais, pouco románticas, pouco ideais. Sen o guión memorizado que usan os outros, prestado de titulares de prensa e comentaristas do cotilleo. Ambos son necesarios para facer o camiño máis ameno, incluso pracenteiro. Segue sen haber moita diferencia con saír de marcha. A partir das 5 da mañá xa estás desexando que abra a cafetería para comer algo.

Como unha boneca de porcelana cutre pero en versión xigante elévase por unha costa a virxe da Sela. As campás convirten o amencer nalgo místico, o son retumba por tódolos ángulos dunha paisaxe imposible. Ninguén se marabilla ante a natureza impúdica. Ameazan con fogos de artificio, ruidosos, que impactan no peito. Preto da loucura, a devoción confúndese co meramente físico. Pero emociona. Algunhas mulleres descálzanse na procura dun soño elevado ó final do outeiro. Pés sobre grava e gafas de sol. A charanga disimula, facéndose pasar por banda. Vento e percusión. Máis devagar que devagar. Os faixos de billetes substitúense por un tpv. Aceptamos visa oro. Conexión directa co ceo das sucursais. O negocio funciona, con crise de fe incluida. Pensa a longo prazo, crea unha tradición, e vive 100 xeracións.

Inventarlle un sentido á vida non é pecado. Inventar empresas que producen formularios destinados a cobrar subvencións tampouco.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s