Saltar ao contido

A carniceira

19/09/2012

Eu: -200 gramos de carne picada, de ternera

Carniceira: -ternera mixta ou só ternera

Eu: -só ternera

Carniceira: -pásocho una vez pola máquina ou dúas?

Eu (dubidando): -unha

Carniceira: -algo máis?

Eu: -400 gramos de lombo de porco (sinalando co dedo unha peza de raxo), deste, en filetes, se pode ser

Carniceira: -filetes finos ou normais?

Eu: -finos

Carniceira: -algunha cousa máis?

Eu: -unha peituga de polo en tiras finas, se pode ser

Carniceira: -polo de curral ou de granxa?

Eu: -de curral

Carniceira: -a peituga normal ou grande?

Eu: -normal, normal, que non sexa moi grande

Carniceira: -é para comer agora ou para dentro duns días?

Eu: -para conxelar

Carniceira: -para conxelar hoxe ou vas deixalo na neveira ata que estea a piques de pasarse?

Eu: -home, se chego, conxelareino hoxe

(…)

Carniceira: -entón, as tiras, como as queres? en horizontal ou en vertical?

Ás tres da tarde, nun supermecado de extrarradio calquera.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s