Saltar ao contido

O corredor do curro

15/12/2012

Era o día da festa. Acomodaramos un espazo para os rapaces, como era o habitual. Supoño que por necesidade, máis que por variar, puxemos a nosa mesa no fondo do corredor. Mantel de cadros e para cada un seu tallo, ó redor dunha hucha vella e disfuncional. Os pés a cada lado, pois os nocellos pegábannos nos laterais.

Falabamos de qué queriamos ser de maiores. Yoli levaba unha gabardina estilo Colombo sen nada por debaixo, a cara sucia e o cabelo enmarañado. Belén faría de compañeira inseparable e despistada, que iría descubrindo os casos unha vez pechados e adicaríase a decora-lo despacho en cores cursis e cortinas fruncidas con lazos. A aventura detectivesca das rapazas parecíame un soño infantil, unha promesa de amizade eterna, pouco fundamentada na realidade.

Non lembro o que dixo máis ninguén. O tema foi derivando nas enormes tetas de Veva, que non viñera ese día. Probablemente porque aquilo non paraba de medrar e porque a situación sería incómoda. A próxima vez será mellor convidala á mesa dos maiores, pensei.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s