Saltar ao contido

Leontino e Elías

08/04/2013

Hai uns meses, alá por novembro do ano pasado, mentres volvía do teatro (teño que ir máis ó teatro) decidín que ía emprender. O do teatro non é relevante para esta historia, só que daquelas vivía en Vigo e a volta fíxena a pé, desde o centro ata Bouzas. Ruta que pode levar case unha hora. Fora o meu último día de  prácticas no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. As prácticas, sobre o papel, eran de dinamización comunitaria pero, sobre a marcha, acabaron sendo de, poñamos, comunicadora multidisciplinar. Traballei arreo durante o tempo que estiven alí e así foi como me din conta de que había moito por facer no eido da comunicación en Galicia, sobre todo, nas organizacións e institucións que dispoñen de orzamentos pequenos.

Así que, pensei que non tería por que ser difícil conseguir unha pequena carteira de clientes cos que traballar e gañarme a vida facendo o que me gusta. Decidín que a mellor maneira de facelo sería creando un catálogo de produtos fáciles de explicar e adaptables ás diferentes particularidades de cada empresa.

Mentres a idea cobraba forma atopeime con varias oportunidades para situar o meu negocio. Foron o espazo de coworking da Cidade da Cultura e os Premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo. Xa estabamos en pleno Nadal cando me presentei a ambas convocatorias. A da Universidade non foi adiante. Pero a da Cidade da Cultura si, e aquí me establecín desde febreiro.

O proxecto que presentei chamábase (e chámase) Leontino&Elías, axencia de palabras a granel. A miña idea era trasladar o estilo comunicativo propio dos galegos á comunicación comercial. Recuperar as palabras, anécdotas e tradicións dos nosos avós para poñelas ó día a través da creación de marcas e campañas publicitarias. Esta idea é un pouco complexa de transmitir, seino. Ata o de agora as categorías de axencias eran máis ou menos claras: dixitais, tres sesenta, de medios, de ideas, etc., máis ou menos. Que eu saiba, ninguén creara unha axencia de palabras a granel.

Axencia de palabras non significa nada, é certo. É un acto reivindicativo, da palabra fronte ás novas tecnoloxías; dos contidos fronte as accións publicitarias baleiras de concepto; da transmisión de historias propias (storytelling) fronte a historias alleas, prestadas ou copiadas.

Esta semana vou facer a presentación formal de Leontino&Elías e este é o anuncio que preparei:

LeontinoiElias Presentacion Galego from A fiestra de Leontino&Elías on Vimeo.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s