Saltar ao contido

Conversas que non poden comezar cun que tal

10/07/2013

A tele estaba acesa. Era fácil sabelo porque desde a entrada chegaban luces intermitentes. Saudei a media voz e dirixínme cara o meu cuarto,  ó final do corredor. Non pechei a porta. É raro que o faga. É un acto metafórico, como dicindo, podes pasar, non teño nada que ocultar.

Oína meterse no baño e pechar, con chave. Pasou un intre, tirou da cadea e saiu.

Levabamos toda a semana sen vernos, a pesar de vivir xuntos. Cada un tiña o seu dormitorio. Coñeciamos as nosas costumes, non era difícil evitarnos como non era difícil facernos os encontradizos.

A nosa convivencia era perfecta. A de dous descoñecidos que respetan o espazo do outro, que coidan de que todo quede como o atoparon. Non había motivo para separarnos.

Tampouco había motivo para falar. Xa estaba todo falado. Eu quedárame nos bos momentos, preguntándome cando volverían, e ela seguía cara adiante, coma se nada. Iso molestábame moitísimo.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s