Saltar ao contido

love – dream – fight

13/02/2014

É a vixésimo-sexta vez (por dicir un número o suficientemente grande como para parecer moito, e pequeno dabondo para resultar verídico) que entraba no blog e lle daba ó botón “engadir artigo” e non escribía nada.

Hoxe estaba decidida a publicar algo. Polo menos xa tiña un título. Era moi sinxelo, moi obvio, moi manido. Pero tiña sentido. Tres palabras con forza e, para máis inri, en inglés. Puag. Impulsos que ten unha.

Levaba un par de parágrafos escritos e a historia daquel post inda non remataba de cobrar forma. A protagonista era unha muller, iso estaba claro. Unha moza, ou xa non tanto, con afección pola escritura. Certa interese polas palabras. Curiosidade. Iso. O que tiña era curiosidade. Chamáballe a atención como se van construíndo os textos, a partir de caracteres que por si sós carecen de significado. E como eses textos daban sentido ó que a ela lle pasaba. Ou lle ía pasar… (Naquela ocasión ata se permitira o luxo de usar os puntos suspensivos. Toda unha mostra de debilidade, que estaba disposta a asumir).

Iso era, unha muller que non era capaz de saber o que quería. Ata que o ano pasado, en San Xoán, escribiu nun papel “quero amar sen medo” e botou ese papel nunha gran cacharela. Só cando veu as palabras escritas no papel comezou a sentir a necesidade de querer cegamente, de desexar a outra persoa por enriba de todo, de sentir bolboretas no estómago e poñer unha foto de perfil no Whatsapp dándolle un bico ó seu mozo.

Si, quería sentir todo iso. E agora que estaba na véspera de San Valentín vivíao con nervios. Sentía que tiña poderes. Sabía que toda esa xente que proclamaba “e a min, que me importa San Valentín?” era porque realmente si que lle importaba. Toda esa xente era tan permeable ás mensaxes publicitarias como os que se derretían por recibir un agasallo en forma de corazón. Toda esa xente que se cre mellor por aborrecer San Valentín, no fondo, contribúe a que ese día sexa distinto ó resto dos días do ano. E a nosa muller estaba por enriba de todo iso. Ela recuperara ese sentimento de cando eres rapaz e estás desexando que alguén che deixe unha mensaxe romántica no teu pupitre. 

Deixou de escribir no blog. Colleu un anaco de cartón, dos que veñen coas medias. Dobrouno á metade. Na portada escribiu “ámote”.

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Miriam Sanchez permalink
    13/02/2014 20:52

    Encantame, e coma esas historias de fin feliz non reais pero e preciosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s