Saltar ao contido

cárcere

21/04/2014

Levo toda a tarde así, coma nun limbo.
Non.
Levo así todo o ano.
E xa estamos en maio.
Dubidando entre poñer o chándal de facer exercicio ou o de facer o vago.
E aquí me tes, en bragas e fríos os pés.
Sentada á mesma mesa na que facía os deberes da ESO.
Comendo o que prepara miña nai.
Durmindo máis da conta.
Esquecendo os soños nos que algún día crin.
Bebendo o café mañanero e, de fondo, a Mariló Montero.
Botando de menos os venres con xornada de oito a tres.
Pagando un tempo que non podo devolver.
Gastando a roupa vella.
Odiando a quen tiña que querer.
Buscando en Google nomes que non podo esquecer.
Mirando como saio nas fotos de perfil.
Agardando un novo follower, un dobre check, unha mensaxe, unha notificación, un favorito, unha contestación, unha conexión, unha actualización, un comentario, unha mención.
Forzando o sorriso.
Dicindo estou ben.
Cumprindo condena sen recibir visitas.
Preparando a miña fuga que non chega nunca.
Non teño avogado, ninguén que me defenda.
E eu non paro de xulgarme.
Declárome culpable.

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Miriam permalink
    22/04/2014 15:24

    Brillante! Abre a porta da cela e da un paso á zona común. Somos moitos. Preparemos unha fuga. Ponte o chándal de correr.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s