Saltar ao contido

enmimesmada

22/05/2014

Inda a sabendas de que durmir 5 minutiños máis poderíame custar o emprego e mesmo a integridade física corrín o risco. Apurei na ducha. Vestín o primeiro que pillei. Omitín o almorzo. Corrín para coller o metro e non fun quen de subir ó vagón que me correspondía. Cando baixei camiñei ás présas cara a miña saída. Detivéronme igual. Dous gardas da memoria fixéronme parar a min e a outro rapaz en similares circunstancias. Ós dous nos preguntaron o mesmo:

-¿Por que chegas tarde?

Ó outro mozo pasáralle algo, un incidente que xustificaba o seu atraso. Eu respondín:

-Quedei enmimesmada.

Era certo. Eles sabíano, do contrario detectarían a mentira. Ás veces quedaba como petrificada, mirando cara a ningures, coa mente en branco. Paralizada ata que o meu cerebro fose capaz de decidir a seguinte acción.

Era certo pero daba igual. Quedar ensimesmado non era un dos feitos contemplados na lexislación de control que permitían chegar tarde ó posto de traballo.

Arrestáronme. Metéronme no cárcere. A sección de mulleres era un pavillón xigantesco, todo branco. Non alcanzaba a ver as paredes ou o teito, pero tampouco ningunha saída.  A claridade danaba os ollos.

As presidiarias estaban a catro patas e sen roupa, metidas en pequenas gaiolas descubertas pola parte de arriba e penduradas no aire. Eu funme aproximando á única cela que quedaba baleira. Na cela do lado había unha rapaza, igual a tódalas demais, tamén núa.

Pregunteille por que estaban dentro da gaiola en lugar de pasear polo recinto. Sen contestarme botouse fóra e quedou tendida no chan sen forzas para erguerse.

 

 

Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. 22/05/2014 20:52

    Joder que heavy este relato non?? Por qué? Como estas pipiola?

    Sent from my iPhone

    >

  2. 22/05/2014 22:14

    Soñeino e transcribino.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s