Saltar ao contido

Un burato no peito

11/06/2014

Lena é dura e, en palabras do seu avó Roxelio, fea. É intelixente e tímida. Torpe e tardía. Pero o que ten de especial Lena non é nada diso. O que ten de especial é un buratiño no peito. Nel vánselle acumulando as penas, e non as súas, as dos demais.

Se ve un adolescente no portal da casa falándolle mal á nai a Lena invádea a tristura. Se viaxa no urbano a carón dun velliño que vai só e camiña con dificultades, algo se lle mete no peito . Cando hai unha parella discutindo no supermercado e o fillo pequeno está no medio, saloucando, o buratiño absorbe cada bágoa.

Lena é incapaz de facer nada por esas persoas. Gustaríalle axudar. Dicirlle unhas palabras que os tranquilizaran. Darlle parola ó vello solitario e botarlle unha man para axudalo a erguerse do asento. Pero, nada. Lena non fai nada.

Hai días en que Lena ten o burato tan acugulado que lle custa respirar. Entón Lena métese na cama, pecha os ollos e ponse a durmir. Nos seus soños as desgrazas van saíndo do buratiño en forma de notas musicais. Ó ritmo da melodía a nai do portal prepara galletas con forma de estrela xunto ó seu fillo. O vello do autobús bota  unhas briscas rodeado de amigos. O pequecho do súper escolle unha película cos seus pais para vela todos xuntos no cine.

Cando Lena esperta, o buraquiño no peito xa non a manca. Pero a Lena cústalle a vida erguerse. Quere seguir durmindo. Levantarse tarde e non saír. Quedar soa para volver meterse na cama sen que nada pase ó seu redor. Sen que  nada lle poida facer mal.

O que Lena non sabe é que a dor se pode partillar. Esa dor que se lle mete no buratiño do peito e que esvaece polas noites é unha dor que xa non sofre ninguén máis.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s