Saltar ao contido

Antes soñabas

14/01/2016

Antes soñabas con viaxar a NY, con vivir en Shangai ou escribir un libro.

Antes soñabas con ir a un concerto de Marlango e levar un vestido máis bonito que o de Leonor Watling e os beizos máis vermellos.

Soñabas con pasar tres días de festival, borracha.

Moito antes, soñabas con que te entrevistasen en Lo + plus.

Soñabas con ter un traballo soñado, con sentirte orgullosa do que facías.

Soñabas con ter un bo sitio onde tender a roupa.

Soñabas con andar sempre ben peiteada.

Soñabas con tomarte un cóctel nunha azotea.

Soñabas con ter longas conversas existencias con bos amigos.

Soñabas con vestirte como a de 500 días juntos.

Soñabas con convidar a tódolos teus amigos a unha gran festa e con que te convidasen a unha festa cool nun iate.

Soñabas con pagarlle unha operación de tetas á túa nai e coa depilación definitiva.

Soñabas cun verán, todo un verán, nunha casiña branca dunha illa grega.

Soñabas cunha clase ateigada de mentes espertas que te escoitaban.

Soñabas co teu propio programa de televisión ou poida que fora de radio ou unha revista.

Soñabas cun pequeno apartamento no centro, de aluguer, pero que non compartías con ninguén.

Soñabas con erguerte cedo os sábados, ir á praza, mercar produtos frescos, facer un bo xantar e compartilo coas persoas coas que che apetecera.

Soñabas con adoptar unha nena chinesa, con mandala todo o verán á casa dos seus avós e con que túa nai lle aprendera a coser.

Soñabas con ir a clases de piano e con falar unha nova lingua.

Soñabas parvadas.

Pero soñabas.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s