Saltar ao contido

Vacas funcionais

22/10/2016

O gandeiro o que busca é unha vaca rendible: aquela que produce moito leite, durante moitos anos e con poucos problemas. Polo tanto, a vaca que se está a buscar é unha vaca funcional.

As vacas hoxe son como a versión 6 do iPhone. Son meros produtos obsolescentes que a xenética vai modificando ó antollo do mercado. O único que importa é que rendan. 9000 litros de leite pode dar unha vaca ó longo da súa vida. Porque a vida dunha vaca remata cando deixa de producir. E mentres vive todo é controlado. Os meses que pasan ata que esa vaca se considera adulta. O tempo que pasa entre un parto e o seguinte. O tamaño das súas ubres. A forma das súas patas. O seu rabo. As súas manchas. O tipo de leite que dá, con máis ou menos graxa. Control leiteiro que se chama. Dá medo.

Controlamos absolutamente todo do animal e chamámoslle desenvolvemento. Tranquilamente, consumimos os seus produtos como se quen os xerase non fose un ser vivo, senón unha máquina.

Volvan a cita de arriba. Onde di gandeiro poñan empresario. Onde di vaca poñan traballador.

 

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Naomi permalink
    24/10/2016 12:13

    Uff… Foi todo un bofetón de realidade chegar ó final para reler o principio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s